Consello da Cultura Galega

Iniciativas independentes de apoio a investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia

Esta xornada, organizada pola Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega e o Centro de Arte Fundación María José Jove (FMJJ), acolle a presentación do informe Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia, elaborado por Caterina Varela. Trátase dun encontro que reúne a responsables institucionais, profesionais da xestión cultural e persoas impulsoras de proxectos independentes co obxectivo de compartir coñecemento e abrir un espazo de diálogo arredor do ecosistema actual da creación contemporánea en Galicia. Os obxectivos desta actividade son: presentar os principais contidos, metodoloxía e conclusións do informe sobre iniciativas independentes no ámbito da danza e as artes performativas en Galicia; visibilizar o papel destas estruturas como axentes clave no apoio á investigación e creación artística contemporánea; xerar un espazo de diálogo entre proxectos independentes, artistas e institucións públicas; identificar necesidades, retos e oportunidades para o desenvolvemento de políticas culturais máis axustadas á realidade do sector; favorecer o intercambio de coñecemento e experiencias entre distintas iniciativas e contextos; e contribuír á construción dun marco máis sostible e articulado para o apoio á creación no territorio galego. Deste xeito, a xornada configúrase como un espazo de encontro e pensamento compartido arredor dun conxunto de iniciativas que están a redefinir o apoio á creación en danza e artes performativas en Galicia.

(2026). Iniciativas independentes de apoio a investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia. Consello da Cultura Galega. https://doi.org/10.17075/iiaicdapg.2026

Leer en línea

Documentos relacionados

Ver más documentos

Reportar un problema

Reportar un problema

Cuéntanos qué falla para poder corregirlo. Tu reporte llegará al equipo editorial.

Máximo 1000 caracteres.